LugoPatrimonio :: Asociación Cultural
Luns, 07 Xuño 2010 09:20

Enrique González Fernández

(A Rúa, Ourense, 1961), licenciado en Xeografía e Historia, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela (1984). Actualmente traballa na tese doutoral, que trata sobre “O urbanismo da cidade de Lucus Augusti”, e no Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo.

Dende o ano 1982, participa e colabora en numerosas escavacións en Galicia e Norte de Portugal (Castro de Baroña, Castro de Saceda, Castro de Lebosandaos, campamento romano de Aquis Querquennis, cidade romana de Aquae Flaviae – Chaves -, Braga, etc. ), e prospeccións arqueolóxicas nas provincias de Ourense e Lugo.

Comeza a traballar na cidade de Lugo no ano 1986,  co equipo que fai as escavacións dos aparcadoiros subterráneos, baixo a dirección do profesor Antonio Rodríguez Colmenero, Dende aquela, colaborou e dirixiu  varias escavacións tanto na cidade como na muralla.

Colaborador en diferentes publicacións, cursos, simposios e congresos, a súa liña de investigación está centranda na cidade de Lucus Augusti, tocando aspectos como a cerámica e o urbanismo.

Tamén colabora e coordina algunhas das montaxes expositivas sobre o Lugo Romano como: “Lugo, Escavacións arqueolóxicas na cidade” (Lugo, 1987), “Lucus Augusti, urbs romana” (Lugo, 1996) e “Imago Antiqua. Lugo romano” (Lugo, 2000).

É membro do Consello de Redacción e Secretario da revista Larouco, editada polo Grupo Arqueolóxico Larouco.

 

Esta semana continuamos o ciclo Coñecer a Romanización cos seguintes actos:

 

Mércores, 9 de xuño: O amencer da primeira cidade de Galicia: Lvcvs Avgvsti. Enrique González

Sábado, 12 de xuño: percorrido polos museos de Lugo

APUNTAMENTO PARA AS VISITAS ARQUEOLÓXICAS

No Centro de recepción de visitantes e de Interpretación da Muralla

Praza do Campo, 11

Teléfono 982297347

Ata o día 11 de xuño ás 13 horas

Mércores, 26 Mai 2010 16:23

COÑECER A ROMANIZACIÓN


Lugo, 2, 9, 12, 16, 19, 20, 23 e 26 de xuño 2010


 

Programa

Xuño


Día 1, martes

Na Galería Sargadelos, de 18,30 a 20 h. anotacións para a viaxe a Palencia e Valladolid (Vilas Romanas). Prazas limitadas a 50.



Día 2, mércores


A Gallaecia romana: integración e contrastes


Antonio Rodríguez Colmenero

Profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de numerosos traballos sobre a romanización de Galicia e director da escavación do campamento de Aquis Querquennis. Bande (Ourense).


Día 9, mércores


O amencer da primeira cidade de Galicia: Lvcvs Avgvsti.


Enrique González Fernández


Arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía do Excmo. Concello de Lugo. Autor de varios traballos sobre arqueoloxía na cidade de Lugo, e comisario da exposición Imago Antiqua, Lugo romano.

Mércores, 26 Mai 2010 15:06

Antonio Rodríguez Colmenero

ANTONIO RODRÍGUEZ COLMENERO Naceu o 1 de setembro de 1936 en Lucenza (Ourense). Estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Ourense e na Universidade Pontificia de Salamanca. Máis tarde a de Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid, doutourándose en Historia en 1975. Foi profesor nas Universidades de Valladolid, Alicante e Oviedo, catedrático na de Deusto e na Facultade de Humanidades do campus de Lugo. Na actualidade é profesor emérito.

Fixo escavacións arqueolóxicas en Chaves, no campamento romano Aquis Querquernis (Bande) e noutros xacementos. O seu labor máis importante desenvolveuna a partir de 1986 en Lugo, onde veu co seu equipo para facerse cargo das escavacións arqueolóxicas dos aparcadoiros subterráneos, fincándose na cidade.

É autor dunha vintena de monografías, de máis de cen artigos publicados en revistas científicas e dunha ducia de proxectos de investigación, director do Grupo Arqueolóxico "Larouco" e da revista do mesmo nome.

É membro de varias asociacións nacionais e estranxeiras. É académico correspondente da Real Academia da Historia e numerario da Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario.

 

O 18 de maio, ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial, o escritor e presidente  de LugoPatrimonio, Lois Diéguez, comenta diversas imaxes dixitalizadas que levan por título Exipto: rostros e paisaxes.

Estas imaxes corresponden á viaxe que a asociación realizou no mes de febreiro a Exipto e servirán para, a través delas, ter un coñecemento básico dese país nos aspectos históricos, económicos, culturais e sociais. Servirán tamén para ir relatando a viaxe ao xeito de caderno de notas.

Ao final das proxeccións, entregarase aos que fixeron a viaxe devandita, o poema A Nubia, da autoría do propio conferenciante e que vai ilustrado polo pintor Felipe Senén.

A entrada é libre.

Lugo, 17 de maio do 2009

conferencia de Valentín Carrera

Valentín Carrera introduciunos nas terras do Bierzo a través do seu último libro: “Viaje interior por la provincia del Bierzo”. Tanto el como o libro foron presentados por Lois Diéguez. A conferencia de Valentín Carrera introduciunos tamén de xeito didáctico e ameno na biografía de Enrique Gil y Carrasco e a súa novela “El señor de Bembibre”, coa que percorreremos O Bierzo os próximos días 22 e 23 de maio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Venres, 07 Mai 2010 15:45

Valentín Carrera

Valentín CarreraPonferrada, 1958.
Realizador e productor audiovisual. Xornalista e escritor.


Valentín Carrera, berciano afincado en Galiza, é xornalista e productor audiovisual, con máis de trinta anos de experiencia profesional en televisión, prensa, radio e Internet.
Desde 1988 Valentín Carrera dirixe a produtora IBISAtv, unha empresa comprometida coa realidade, pioneira na coprodución audiovisual con Marrocos e líder galega en coprodución internacional.


En 2006, Carrera dirixiu Linatakalam, sobre o diálogo no Mediterráneo, primeira serie mundial patrocinada pola Alianza de Civilizacións, rodada en Exipto, Turquía, Italia, Túnez, España e Marrocos.


Como escritor, con máis dunha decena de libros publicados, Valentín Carrera recibiu destacados premios literarios e periodísticos: Premio Blanco Amor de Novela, Premio Galicia de Comunicación, Premio Francisco de Cossío, entre outros.


Viaxeiro infatigábel, visitou un centenar de países nos cinco continentes, desde Xapón á Antártida. O seu último periplo, Viaje interior por la provincia del Bierzo, foi presentado internacionalmente no Instituto Cervantes de Londres.


Como produtor independente, foi Presidente dos produtores de Galiza e Castela e León (AGAPI e ACALPA) e fundador de Spain Film Commission. Actualmente dirixe a Bierzo Film Commission e é membro do Comité Executivo da Confederación de Empresarios de Galicia.

Venres, 07 Mai 2010 15:38

Actos Maio 2010 sobre O Bierzo

Día 11, martes, conferencia con proxeccións sobre a obra de Gil y Carrasco e O Bierzo, co título de A paisaxe da república independente do Bierzo, a cargo do escritor e xornalista Valentín Carrera, no salón de actos da Deputación provincial de Lugo, ás 20 h.

Neste mesmo día e no mesmo lugar da conferencia, de 18,30 a 20 h. anotacións para a viaxe a O Bierzo. Prazas limitadas a 42.

 

Días 22, sábado e 23, domingo: Viaxe ás Terras do Bierzo co escritor Valentín Carrera e seguindo a novela El señor de Bembibre (As Médulas, Cornatel, Carracedo,Vilafranca do Bierzo, Cacabelos, Val do Silencio, Carucedo, Ponferrada...).

 

 

Saída ás 8,00 do lugar habitual.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Rosa Meijide Failde, catedrática de Hidroloxia Médica na Facultade de Fisioterapia da Universidades da Coruña, sobre “O papel dos balnearios na vida romana”. +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Rosa Meijide Failde, catedrática de Hidroloxia Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. Na convocatoria diráse o lugar do xantar. +

    Día 12, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Asemblea xeral e festa dos socios. Na convocatoria Ler Máis
  • Día 13, sábado ás 14,30 horas Se é posible xantar no Balneario. Confirmarase. Pola tarde visita aos Baños romanos. Actuación do grupo de música clásica Esemble Bóreas. +

    Día 13, sábado ás 14,30 horas Se é posible xantar no Balneario. Confirmarase. Pola tarde visita aos Baños romanos. Actuación Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO